Ola rapazas,
(Son unha espectadora da vosa estrea. Envíovos estas liñas ao vosocorreo aínda que a miña primeira intención era escribilo no voso blog. Nonfixen tal, pois se cadra desvelaría aspectos da peza que preferides agochar.)
Acabo de chegar ao calor domeu fogar, faltan tres horas pró mencer., os nenos dormen (graciñas avoa).Estanoite fun ao teatro á estrea de Malena llena eres de gracia, e veño encantada,e teño que escribilo.
Non sei por onde empezar.
Malena… cruzouse comigo amañá do xoves 22 de setembro de 2011 mentres pasaba as follas do Faro de Vigo áhora do café. Nunha desas follas un titular chamou a miña atención: 'La Crudarealidad sale a escena'; e tamén a foto que acompañaba o artigo.
Tras ler o artigo condetemento ese becho que é a curiosidade premeu con forza o seu aguixón. Aochegar a casa pola tarde tecleei 'Malena llena eres de gracia' no buscador demoda. Nos primeiros resultados vexo un enlace ao artigo que xa lin en papel, edous enlaces ao trailer da peza. Tamén dentro dos primeiros resultados vexovarios que referencian a unha película de título similar (xa me soaba a min).
Vexo o trailer. Agora acuriosidade inxecta todo o seu veleno na miña psique de xeito que ao díaseguinte so podería facer unha cousa: ir ao teatro. Vexo de novo o trailer: fermoso?
Ao día seguinte problemas notraballo fan que salga media hora máis tarde. Non teño tempo para ir cambiarmea casa así que vou directa ao barco. Quedei no teatro cun amigo que baixabadesde Santiago en coche.
Chegamos xustiños. Entramos.Escuridade total. Silencio sepulcral. Sentámonos atrás de todo.
Luz. Unha escena baleiraénchese con dúas mulleres que saen facendo unha coreografía de pasos pesados,cada unha vestida cunha camisa. Móvense como gando, actúan como gando. Unha vozen off vende gando, elas son gando.
E nós xa estamos sentindo asúa pel, esquecendo quen somos, de onde vimos e cara onde vamos. E de seguidonos veremos pendurados dun gancho nun frigorífico logo de ser vendidas. Eoubeando sentiremo la súa metamorfose. E a partir de entón escoitaremos nopresente a historia que nos conta unha delas: Iliana, e nos trasladaremos enautobús ao seu pasado sendo ela e sendo a outra (Sonia), sufrindo con ámbalasdúas pero tamén disfrutando cando elas o fan. Sentindo as súas ilusións edesencantos, chorando e rindo, sen máis apoio que un par de cadeiras de coresbrillantes. E todo isto será real para nós, e viviremos en 45 minutos unharealidade condensada baixo a presión dunha armoniosa coreografía, unharealidade cruda e cruel que quedará impresa en nós cun halo de belleza que faráque sexa difícil de esquecer.
Ao fin, a escena quedabaleira a pesares das dúas cadeiras. Rómpese o silencio cun aplauso unánime.Rematou. Negro. Saen as actrices un par de veces entre aplausos. Chaman adirectora. As tres fan un guiño á coreografía central da peza, saúdan e se van.Seguen os aplausos. Saen as tres de novo. Saen logo as dúas. Aplausos.
O meu amigo e máis eu saimosen silencio coa tensión do final metida no corpo.
Saíndo para fóra alguén llepregunta ao encargado das entradas.
-Cantos eramos?
-150
Xa na rúa unha muller llepregunta ao seu home:
-Canto durou?
-Case cincuenta
-Gustouche?
-Gustou
Noutra beira seis persoasdiscuten sobre a nacionalidade dos personaxes:
-No eran extranjeras. Lasactrices son gallegas!
-Pois ninguén o diría
-Parecían do leste ou deRusia
-Rusia tamén é o Lesteanimal
-Pois unha a mín que ásveces me parecía brasileira
-Outro animal, cómo quebrasileira?
-Pues no tan animal guapa,tiene su razón, y es que la mayoría de las que llegan aquí como carnaza sonRumanas y brasileñas, que lo dijeron el otro día en la2, y entre ellasaprenderán el castellano como puedan, digo yo
-Pois é verdade,,, agora queo dís non me fixara que, que falaran castelán.
-é verdade… e tiñan que telafeito en galego…
Nós non falamos ata chegar ócoche, a mín me saen antes as palabras có meu amigo porque debo recoñecer queparte da tensión escurríuseme cunha dúcia de bágoas.
-A bomba, non si? –o meuamigo non fala- Lévasme a cear?
O meu amigo arrincou o cochee levoume a cear, e entón sí que falou. Coma mín quedou encantado e non paroude falar das moitas virtudes do que viramos esta noite. Non vou escribir moitomáis, tan só dúas frases que soltou o meu amigo e que eu escribín nunhaservilleta porque me gustaron e non as quería esquecer:
-A primeira falando dosmomentos de alta expresividade corporal, da coreografía central ou de candovemos manipulación corporal:
“...Pensando no público éimportante a súa complicidade cos códigos pero tamén que non saia da historia,que non deixe de ser real... e aquí iso está moi conseguido”
-E a segunda falando doidioma:
“... voltando á realidadeque estás a ver en escea, hai cousas que che poden sacar desa realidade… e unhadelas podería ser escoitar a dúas prostitutas falando galego, que aínda quepode ser real, non está dentro do noso imaxinario da realidade,...”
Nada máis, desexarvos moitoséxitos con esta peza tan maravillosa, e que si algún día actuades en Vigo alívos levarei un feixe de amigas e amigos.
Enlace da noticia quedespertou o meu interese:
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/09/22/cruda-realidad-sale-escena/582361.html
Apertas,
Anisla.